Máis dun cento de nenos e nenas converteron a súa creatividade en esculturas de area na praia da Ladeira

27 Xullo 2026

Máis dun cento de nenos e nenas participaron na terceira edición da xuntanza de esculturas de area na súa parada na praia da Ladeira, en Corrubedo, durante a mañá deste domingo 26 de xullo. Ata alí desprazáronse a alcaldesa, María Sampedro, xunto aos edís Fernando Abraldes, Víctor Reiriz, Álex Vidal e Ramón Doval para comprobar o desenvolvemento desta segunda cita no que vai de ano despois do seu paso pola praia do Porto, coincidindo coas festas de Aguiño.

Así, Hipopótamos, tartarugas, lagostas, baleas ou dragóns deixáronse ver a carón da costa froito da creatividade da rapazada e as súas familias empregando area e auga para a súa confección coa axuda de pas ou rastros.

Trátase dunha actividade promovida polo Concello de Ribeira e coordinada por Suso Paz, coa colaboración de diversas empresas locais, que busca crear un espazo de encontro interxeracional e alternativas de lecer a carón do mar como unha forma de poñer en valor os recursos naturais e paisaxísticos vinculados ás zonas marítimas.

O equipo de Ágape exerceu novamente de xurado das esculturas, repartindo premios elaborados por SonAgasallo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.