Galicia acolle a 280 nenos saharauís este verán co programa ‘Vacacións en Paz’

07 Xullo 2026

Galicia deu a benvida a unha nova edición do programa Vacacións en Paz, unha iniciativa solidaria que permitirá que arredor de 280 nenos e nenas saharauís pasen os meses estivais na comunidade autónoma integrados en familias de acollida galegas.

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, recibiu a pasada noite ao primeiro grupo de menores no aeroporto de Peinador, en Vigo. Alí, a titular de Política Social puxo en valor a traxectoria dun proxecto que ofrece unha experiencia de convivencia, descanso e atención a miles de menores procedentes dos campamentos de refuxiados saharauís.

A conselleira ribeirense, Fabiola García dando a benvida ós nenos saharauis

Solidariedade e control médico lonxe do deserto

O programa, impulsado pola ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps), brinda cada verán a estes menores a oportunidade de gozar duns meses lonxe das extremas condicións climáticas do deserto. A estancia non só favorece o intercambio cultural e a convivencia familiar, senón que tamén facilita o acceso a:

  • Revisiones médicas e sanitarias.
  • Actividades lúdicas, culturais e educativas.
  • Alternativas de ocio nun contorno seguro e saudable.

Con preto de 280 participantes nesta edición, Galicia volve situarse como a comunidade autónoma que acollerá ao maior número de menores saharauís durante este verán en termos absolutos, e a segunda en taxa de acollida, consolidándose como un dos territorios cunha tradición solidaria máis forte co pobo saharauí.

Apoio institucional e implicación social

A Xunta de Galicia respalda o desenvolvemento deste programa cunha achega de 100.000 euros a través das axudas de cooperación internacional, destinada a colaborar nos gastos de traslado dos menores.

Unha traxectoria histórica en cifras:

  • 35 anos de historia do programa Vacacións en Paz.
  • Arredor de 8.000 nenos saharauís beneficiados ao longo das décadas.
  • Máis de 7.000 familias galegas que abriron as portas das súas casas ao longo de todas as edicións.

Durante as vindeiras semanas, os nenos convivirán coas súas familias de acollida en distintos municipios galegos, fortalecendo uns lazos afectivos e de cooperación que, desde hai máis de tres décadas, contribúen de xeito decisivo a mellorar o seu benestar e calidade de vida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.