Este xoves 23 de xullo celebrarase en Rianxo unha charla-coloquio o 23 de xullo centrada no eclipse de sol do 12 de agosto. Trátase dunha proposta de divulgación científica vinculada a un feito astronómico singular e quer está a cargo a rianxeira Paula Cambeses Franco (doutoranda en Matemáticas pola USC) acompañada polo rianxeiro de adopción e vello colaborador do Concello nos Veráns Culturais coas sesións de observación astronómica, José Ángel Docobo Durántez (catedrático de Astronomía da USC).
A charla-coloquio A eclipse de Sol do 12 de agosto en Rianxo permitirá aos asistentes descubrir por que a eclipse de Sol do vindeiro 12 de agosto será un acontecemento tan especial. Será ás 20.30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.




