Este mércores 15 retómanse as Festas do Carme de Cabo de Cruz con música para todas as idades e xogos populares

14 Xullo 2026

A Comisión das Festas do Carme de Cabo de Cruz (coa colaboración do Concello) organiza estas semana, a partir deste mércores 15 de xullo (e ata o venres 17) as Festas do Carme 2026.

Se ben as actividades comezaron este sábado 11 de xullo co torneo de bolos tradicionais no Campo de Triñáns e e o tradicional Partido de Solteirxs contra Casadxs que terá lugar a partir das 17.00h no Campo de Valiño, boa parte das actividades do programa concéntranse nos tres días comprendidos entre este mércores e o venres.

O mércores 15 comeza a programación das festas coas ruadas de Arume e O Ar de Loureda; pola tarde haberá o xogo da cucaña, xogos populares e mesa de maquillaxe; espectáculo infantil de Paco Nogueiras no Subuqueiro; e pola noite verbena con New York, Ráfaga e DJ Rafastray.

O xoves 16, Dia do Carme e festivo local, comezarán as actividades con ruadas de Arume e O Ar de Loureda; ás 11.30h celebrarase a saída da virxe dende a capela ata a Lonxa onde se celebrará a misa cantada e a procesión marítima. Pola noite haberá verbena con Saudade e DJ ManuX e tirada de fogos de artificio. O programa de actividades remata o venres 17 cunha festa ibicenca.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.