Dúas persoas feridas graves tras saír da vía e chocar contra a mediana na autovía do Barbanza

27 Xullo 2026

O accidente produciuse no quilómetro 25 da AG-11, á altura de Boiro, e provocou retencións durante hora e media.

Dúas persoas resultaron feridas de aparente gravidade nun accidente de tráfico rexistrado na autovía do Barbanza (AG-11), ao seu paso polo municipio de Boiro. O suceso mobilizou a un amplo dispositivo de emerxencias e provocou complicacións na circulación durante máis dunha hora.

O sinistro ocorreu no quilómetro 25 da citada vía, en sentido Padrón. Por causas que aínda se descoñecen, o turismo no que viaxaban as dúas vítimas sufriu unha saída da calzada e impactou violentamente contra a mediana. A consecuencia do golpe, o vehículo quedou cruzado no medio do carril esquerdo.

Malia a virulencia do impacto, ningún dos ocupantes quedou atrapado no interior do habitáculo e ambos puideron saír polo seu propio pé. Con todo, debido ás lesións de consideración que presentaban, requiriron asistencia sanitaria urxente no mesmo lugar dos feitos.

Aos poucos minutos do aviso, desprazáronse ata o punto unha ambulancia medicalizada do 061 con base en Ribeira e outra unidade asistencial procedente de Rianxo. Tralo primeiro recoñecemento e atención sobre o terreo, ambos os dous feridos foron evacuados de urxencia ao Hospital do Barbanza.

Os primeiros en persoarse no lugar foron os axentes da Garda Civil de Boiro e os Bombeiros da mesma localidade, que se encargaron de prestar os primeiros auxilios e de regulalo tráfico para evitar novos accidentes nunha zona de alta intensidade de circulación.

As tarefas de auxilio, neutralización do vehículo sinistrado e posterior limpeza dos restos vertidos sobre a calzada prolongáronse durante aproximadamente hora e media. Unha vez retirados os perigos da vía, restabeleceuse por completo a fluidez do tráfico na autovía.

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro interviron en accidente con feridos na AG-11 Pk25 no Concello de Boiro. Colaborando con 061 e Garda Civil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.