Cures celebra do 10 ao 12 de xullo as súas festas do verán

01 Xullo 2026

A parroquia de Cures celebra as súas festas do verán do 10 ao 12 de xullo. A concelleira de Cultura de Boiro, María Outeiral, participou na presentación xunto co presidente da comisión, Javier Calo, e outros integrantes da comisión de festas.

As actividades comezarán o venres 10 con verbena, o sábado celebracións na honra de San Antonio, sesión vermú, actividades para rapazada, torneo de bolos e verbena; e o domingo celebración do Sacramento e sesión vermú. “Preparamos tres días de festa con actos litúrxicos, baile tradicional, verbena… polo que animamos á veciñanza a que participe nas actividades”, recoñeceron por parte da comisión.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, agradeceu á nova comisión “polo esforzo que supón organizar unhas festas en tempo récord” e convidou á veciñanza a asistir ás festas de Cures.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.