Corrubedo celebra este 16 de xullo o Día do Carme

13 Xullo 2026

Este xoves 16 de xullo a parroquia de Corrubedo vai celebrar o Día do Carme, unha axenda de festexos relixiosos e culturais organizado pola Directiva da Casa do Mar (Club de Pensionistas e Xubilados de Corrubedo) coa colaboración do Concello de Ribeira.

A festa adicada á patroa do mar comezará este 16 de xullo cunha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Corrubedo. Deseguido haberá unha procesión coa Virxe polas rúas de Corrubedo e unha ofrenda floral no porto (a procesión irá acompañada dun grupo de gaiteiros).

Despois haberá festa no Club de Xubilados e Pensionistas da Casa do Mar de Corrubedo, con merenda para todos os asistentes e cunha vertente musical que virá da man de Abdón Musik.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión