Conta atrás en Rianxo para o inicio da Feira do Libro

20 Xullo 2026

Este xoves 23 pola mañá abrirá a Feira do Libro de Rianxo co pregón de Anxo Angueira, escritor veciño de Manselle (Dodro) e presidente da Fundación Rosalía de Castro, autor de obras capitais da literatura galega como Pensa Nao, Premio Xerais de Novela en 1999.

Ata o domingo estarán habilitadas as casetas no Campo de Arriba con moitas novidades.

A 14ª edición da Feira do Libro de Rianxo 2026 celebrarase do 23 ao 26 de xullo na Praza de Castelao. O lema elixido para este ano polo Concello de Rianxo é A porta a universos infinitos.

O recinto contará con dez librarías e albergará unhas vinte actividades literarias, teatrais, musicais e de divulgación científica.

Entre os moitos autores que participarán en encontros e sinaturas de exemplares destacan Antón Riveiro Coello (que presentará Os Abandonos), Alba López Paredes ou Manuel Esteban.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.