Este venres 17 de xullo comeza oficialmente a 78ª edición da Festa da Dorna e boa parte da actividade cultural de Ribeira, do Barbanza e de Galicia concentrarase na semana comprendida o dito venres 17 e o venres 24. Os motivos non son poucos: hai quen risca no calendario os días para que comece a festa, que ten lexións de seareiros fieis repartidos en toda a xeografía mundial e cuxa bandeira é e seguirá a ser a particular retranca da xente galega que vive e traballa á beira do mar. A festa propiamente dita comeza como o día 17, coa particularidade de que o 24 non marca como festivo no calendario, feito que motivou novas doses de retranca da comunidade dorneira contra o equipo de Goberno do Concello (que xa foron excomungados da irmandade por “non ser dorneiros de pro”).

O venres 17 incluirá o tradicional percorrido do Facho Dorneiro (que percorrerá as rúas de Santa Uxía dende a mañá), o Enjalanamento de Fanequeiras e o arranque da Ruta de Tapas Mighelín (XII edición), que continuará ao día seguinte. Tamén a Macroqueimada, a Serimonia de Inisiasión (ás 22.32 na praza da Igrexa – Porta do Sol) e o espectáculo Dansin in the sity coas actuacións dos DJ Tico Maverick, Iván Rbeira, Landeira, CT, Mateo Abelleira e Anxo Sobrido (pola noite).
O sábado 18 celebrarase unha nova edición do Orghullo Ghaiteiro (dende primeira hora da mañá con e Borja & Cía, Os Liantes, Suabesebe, Enxebres de San Lázaro, Tahúme, Laghareu, Trécola, Riparia, Río de Anxo, Estivada de Calo e Os Festas) e logo virá a IX Xuntansa de Embarcasións Tradisionais (a media mañá). Ao mediodía proseguirá a Ruta de Tapas e logo, pola tarde, celebraranse os Xoghos de Terra en Coroso. Pola noite, nas fanequeiras engalanadas, volverá a Cansión de Tasca (XXXV edición)
O domingo 19 incluirá unha das citas máis agardadas: o Jran Prix de Carrilanas (a XXXV edición a partir das 18.30 horas) na costa da Mámoa (cara ao centro de Ribeira). Pola noite haberá un videomapin na Porta do Sol e logo actuará De Ninghures (festival Rockandorna).
O luns 20 será a quenda dos XXXIV Xojos de Mar Dorneiros, no porto de San Uxía a partir das 16.00 horas. Logo celebrarase unha nova edición do Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor (19.00), tamén no porto de Ribeira. Pola noite na praza da Porta do Sol volverá o Videomapin dorneiro e a música con Extremodorna.

O martes 21 inclúe actuacións vespertinas (a partir das 16h) na contorna da praia de Area Secada (o Rock and Dorna de Batea con Habelas Hailas e DJ Matrik) e a nova edición do Trinautlón (tamén na Secada). Pola noite remata o Sertame Itinerante de Cansión de Tasca (coa jran final) a partir das 21h. Logo actuará a Orquetra Neverloura no Malecón (a medianoite, no marco do Rock and Dorna).
O mércores 22 inclúe unha homenaxe á cultura urbana dorneira, coa 1ª edición do Jalafatiño e coa Batalla de Promesas (a partir das 17.00 na Porta do Sol ou praza da Igrexa). Pola noite actuarán Cocco Lexxa e Reality (Rock and Dorna) a partir das 23h para logo dar paso á Batalla dos Jallos Dorneiros (á medianoite).
O xoves 23 celebrarase pola mañá (a partir das 11h) o VII Maratasón Infantil, que pola tarde, logo do xantar, dará paso ao Maratasón Dorneiro. Pola noite celebrarase a nova edición do Exame de Patróns, na Porta do Sol, que dará paso a un novo concerto do Rock and Dorna, da man de Dakidarría.
O venres 24, Día da Dorna, levarase a cabo a XXXVI Reghata de Embarcasións Feitas á Machada e Propulsadas a Pan de Millo na praia de Coroso (Jran Premio Cutre Sark), con concentración previa, ao mediodía, na explanada do porto de Ribeira. Logo da regata comezará a nova edición da Romaría Dorneira en Coroso (con degustación previa e gratuíta de Lirio de Ribeira a cargo da cooperativa OPP83 Sociedade Galega Cooperativa do Mar Santa Uxía, organizada con financiamento da Xunta e o FEMPA) e pola noite, despois do gran desfile de todas as peñas polas rúas de Santa Uxía (o Top Secret), Muyayo Rif e Lamatumbá porán o broche de ouro á Festa da Dorna 2025.
Para quen queira saber máis detalles do programa teno dispoñíbel na Rede para a súa descarga.




