Comeza a conta atrás para a Romaría de Exipto, que se celebra a partir deste venres 31

28 Xullo 2026

Esta fin de semana vaise celebrar un dos grandes acontecementos culturais e relixiosos da comarca do Barbanza no verán: a Romaría de Exipto (Festas na Honra da Virxe de Exipto), na parroquia boirense de Abanqueiro.

As celebracións comezarán o 31 de xullo, venres, e proseguirán ao longo de toda a fin de semana, ata o domingo 2 de agosto, cunha misa na honra de San Xosé o luns 3 de agosto para pechar as actividades relixiosas.

Esta festividade centenaria combina tradición, música e gastronomía e está organizada pola veciñanza de Exipto (a renovada Comisión de Festas) co apoio do Concello e da Deputación da Coruña.

O comezo oficial inclúe actividades interxeracionais coa asociación AGADEA a partir das 16:30 horas. Logo haberá actividades relixiosas como a subida dos santos da Igrexa de Abanqueiro á Igrexa de Exipto (ás 20h) e cunha misa pola Virxe de Exipto (ás 20.30 horas).

Pola noite (21:00 h), terá lugar o espectáculo familiar e de monicreques A maleta da mestra, a cargo de Raquel Queizás.

Ao remate da dita función haberá música con Malfinde, Belako, Mujeres e Rapariga DJ.

O sábado 1 comezará con actuacións de música tradicional con O Ar de Loureda e ARume e logo cunha misa na honra de San Antón, ás 12. Logo haberá unha festa da escuma e unha sesión vermú coa Orquestra Neverloura. Pola noite actuará Boa Vibra e haberá verbena con Dúo Charada e a Orquestra Platinum.

O domingo comezará cunha misa na honra da Virxe de Exipto, ás 9h. Logo volverá a música tradicional con O Ar de Loureda e Arume. A continuación comezará o mercado ecolóxico A Eira dos Oficios. Ás 10, ás 11 e ás 12 haberá misas na honra da Virxe de Exipto. A misa das 12 inclúe procesión e actuación do Grupo de Baile de Abanqueiro. Logo haberá unha romaría amenizada por O Ar de Loureda e Home Orquestra con xogos populares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.