Este xoves 23 de xullo será un día completo en Rianxo culturalmente falando.
O Centro Dramático Galego presentará na praza de Castelao o espectáculo Ñiqui Ñaque, un texto de Cándido Pazó, dirixido por Roberto Vázquez e protagonizado por Dani Lago e Ángel Blanco.
A peza cóntanos a historia de Cosme e Damián, dous cómicos ambulantes a punto de disolver a súa compañía que reciben unha chamada do Gran Duque coa oferta de realizar un espectáculo para celebrar o seu vixésimo aniversario de casados. Ante a grande oferta económica, os cómicos comezan a ensaiar unha peculiar versión de Romeo e Xulieta. Todo isto mentres continúan a súa viaxe nun motocarro avariado. No seu camiño sairán os seus conflitos internos e reflexións existencialistas, amparadas na precariedade dos cómicos da legua.




