As mulleres protagonizan a exposición de Jontxu Argibay no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira

31 Xullo 2026

A arte ten gran peso na axenda cultural de Ribeira e, en consecuencia, o Centro Cultural Lustres Rivas acubilla unha nova exposición: Mulleres, do artista local Jontxu Argibay, onde pintura e escultura van da man. Trátase dunha mostra ao abeiro da programación da Fiestra da Cultura e das festas do verán que rende homenaxe á figura feminina dende a admiración, o respecto e a beleza.

Un total de 18 pinturas (11 acuarelas e 7 óleos) reflexan a actrices, poetas ou intérpretes como Aida Tarrío, Cristina Castaño, Susana Sampedro, Rosalía Vila, Valeria Castro, Zendaya, Candela Peña ou a soprano noiesa Esperanza Mara, quen amenizou musicalmente a inauguración. E a parte pictórica compleméntase coa escultórica a través de 19 tallas (13 de aglomerado, 4 de talla directa, 1 mixta e 1 cerámica) que reflicten perfís femininos ou a maternidade.

A alcaldesa, María Sampedro, participou no acto inaugural celebrado na tarde de hoxe xunto á concelleia de Cultura, Ana Barreiro, o propio Jontxu Argibay e Goretti Bello, amiga do artista. Na súa intervención, a rexedora destacou a importancia de dar oco aos creadores do municipio e, especialmente, facendo coincidir a apertura desta mostra cos festexos da cidade, ademais de poñer en valor a calidade das obras expostas e a traxectoria artística de Argibay.

Neste senso, Sampedro manifestou que “o talento deste ribeirense non está hoxe só dentro destas paredes, pois a súa obra tamén forma parte da identidade cultural do municipio a través de diferentes pezas escultóricas integradas na paisaxe urbana tales como o Polbeiro de Castiñeiras, sinal de identidade da súa parroquia natal; a Segadora de Olveira, onde pon en valor o duro traballo da muller do campo; ou a figura eterna do mestre Manuel Ayaso, sentado na praza do Concello como era habitual atopalo, pintando e escribindo, que é reflexo da influencia que tivo Ayaso nas creacións de Argibay.”

A exhibición artística permanecerá ata o 5 de setembro e pode visitarse de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas, así como os sábados, de 12.00 a 14.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.