Apoio unánime en Ribeira á proposta dos socialistas a prol dun regulamento sobre autocaravanas

28 Xullo 2026

O Grupo Municipal Socialista conseguiu no pleno celebrado este luns 27 de xullo a aprobación da súa proposta para que o Concello de Ribeira redacte un regulamento sobre as autocaravanas.

Autocaravanas estacionadas en Coroso

A sesión estivo marcada tamén pola aprobación dun suplemento de crédito de 900.000 euros que, segundo o PSdeG de Ribeira, “confirma a falta de planificación do Goberno local”.

Os socialistas apoiaron, iso si, a modificación orzamentaria por incluír actuacións necesarias.

Porén, lembraron que “xa advertiran de que os orzamentos estaban “afastados da realidade”.

Suárez-Puerta puxo como exemplo a escola Infantil Municipal, “onde os informes técnicos recollen temperaturas de entre 26 e 38 graos”, dixo.

“Estamos falando de nenos e nenas de entre 0 e 3 anos. Se o PP tivese elaborado uns orzamentos acordes ás necesidades reais de Ribeira, estes menores non terían que pasar este verán nestas condicións”, sinalou.

O voceiro socialista criticou que o propio executivo recoñecese que xa contaba con recorrer ao remanente de tesouraría cando elaborou os orzamentos. “Primeiro cadran as contas e despois incorporan gastos perfectamente previsibles”, denunciou.

Durante o pleno debateuse a instalación de aseos públicos nas festas de todas as parroquias. O Grupo Municipal Socialista reiterou o seu apoio á medida e defendeu que é plenamente viábel. “Se non se instalan máis baños non é por falta de cartos, senón por falta de vontade política. Se o Goberno quixese, podería aprobalo mediante un suplemento de crédito como acaba de facer hoxe”, sinalou o concelleiro socialista.

Outra das iniciativas do PSdeG permitiu poñer o foco no estado do lavadoiro da Penisqueira. A proposta saíu adiante mediante unha emenda do PP pero, segundo comentaron os socialistas, “sen asumir compromisos concretos”. Con todo, o grupo considerou “positivo que o debate servise para impulsar o mantemento dunha obra executada hai apenas tres meses e que xa presentaba un estado lamentábel”.

A proposta do PSdeG para regular as autocaravanas foi aprobada por unanimidade. O futuro regulamento permitirá “ordenar a presenza destes vehículos, favorecer o uso das áreas privadas habilitadas e evitar a ocupación prolongada do espazo público”, sinalou o PSOE, engadindo que “non se trata de ir contra o turismo de autocaravana, senón de ordenar esta actividade para compatibilizala coa convivencia e co respecto ao espazo público”.

“A regulación tamén contribuirá a potenciar os negocios de Ribeira que ofrecen áreas habilitadas para este tipo de vehículos”, destacou Suárez-Puerta.

No apartado de rogos e preguntas, os socialistas pediron á alcaldesa que aclarase “se o futuro polígono industrial conta cunha asignación económica concreta da Xunta”. O grupo criticou, nas súas palabras, “a falta de resposta”.

Tamén reclamaron explicacións sobre a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño, fóra de prazo desde o 26 de marzo. Critican que “o Goberno non aclarase se sancionará á empresa adxudicataria”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.