Adxudicadas as obras para a mellora da eficiencia enerxética no Centro Social de Cures

28 Xullo 2026
Reunión mantida os días pasados entre o equipo do Concello e a veciñanza de Cures

O Concello de Boiro vén de adxudicar as obras para a mellora da eficiencia enerxética no Centro Social de Cures, unha actuación dun importe de 149.543,90 euros que conta co financiamento da Deputación da Coruña mediante o Plan de Obras e Servizos (POS+ Concellos).

As actuacións proxectadas teñen un prazo de execución de seis meses e contemplan o cambio de carpinterías para mellorar a eficiencia enerxética; así como o cambio da cuberta de fibrocemento existente por un illamento sobre forxado horizontal para a mellora da envolvente e falso teito con illamento.

Vaise levar a cabo a instalación dun sistema de ventilación con recuperador de calor e a substitución de luminarias existentes por unhas de tipo LED. Ademais, proxéctanse no marco deste proxecto actuacións para a impermeabilización da fachada e outras actuación interiores como o cambio de carpinterías ou o pintado de todas as estancias.

“Esta actuación busca unha reparación integral do centro para que se poida retomar nel o uso que tiña por parte da veciñanza de Cures” afirmou o alcalde, José Ramón Romero, que tamén anunciou que “esta actuación está enmarcada nun programa de renovación e acondicionamento dos distintos centros sociais e veciñais do municipio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.