A praia da Corna, última parada da terceira edición da xuntanza de esculturas de area de Ribeira

30 Xullo 2026

A terceira edición da xuntanza de esculturas de area chega ao seu fin coa terceira e última parada: a praia da Corna, en Palmeira. Esta cita converterá o areal nunha zona na que a rapazada poida expresar a súa creatividade con auga e area durante o sábado, 8 de agosto, de 16.00 a 20.00 horas.

O Concello de Ribeira promove esta acción coordinada por Suso Paz e coa colaboración de diversas empresas locais para “ofrecer á rapazada alternativas de lecer nas contornas mariñas das nosas parroquias na compaña das súas familias. Iniciamos na praia do Porto, en Aguiño, para seguir na da Ladeira, en Corrubedo, e rematar na Corna, en Palmeira. É un evento sempre con moi boa acollida, pois estamos falando de que na Ladeira participaron máis dun cento
de nenos e nenas que, xunto aos seus familiares, representaron arredor de 300 persoas neste anaco de litoral”, en palabras do concelleiro de Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes.

As esculturas unicamente poderán ser realizadas con material e utensilios propios da praia como caldeiros, pas ou rastros e só se permite a auga como método para aglomerar a area.

O equipo de Ágape exercerá novamente de xurado das esculturas, repartindo premios elaborados por SonAgasallo. As inscricións realizaranse na oficina de Turismo con teléfono de contacto 981 873 007.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.