A Corporación de Rianxo súmase ás reivindicacións das traballadoras do Froiz e do Gadis

24 Xullo 2026

O Concello de Rianxo sumouse ás reivindicacións do persoal de Froiz e de Gadis. O pleno da Corporación aprobou na pasada sesión ordinaria unha moción presentada polo BNG en apoio ás traballadoras do comercio de alimentación da nosa provincia. Na moción acórdase o total apoio da Administración rianxeira e dos seus grupos ás traballadoras e traballadores de Froiz e Gadis “na defensa dos seus dereitos laborais e na súa convocatoria de folga na provincia da Coruña”.

Lembran que as reivindicacións do persoal de ambas compañías expoñen “unha clara necesidade de establecer canles para unha negociación efectiva, con vontade de acordo, onde se aborden cuestións fundamentais como a mellora das condicións de traballo e dos salarios, a estabilidade no emprego, o impulso da conciliación e a óptima organización dos tempos laborais”.

Dende o Concello de Rianxo saliéntase “a relevancia de acadar unhas condicións laborais dignas para as persoas traballadoras do sector da alimentación, acordes co esforzo, responsabilidade e contribución esencial que realizan para a sociedade en xeral e Froiz e Gadis en particular”.

Ao mesmo tempo, tamén se fai un chamamento ao diálogo e entendemento, co foco posto en avanzar na procura dunha solución ao conflito actual.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.