A Cachada acolle este martes o espectáculo de teatro-circo “A historia do vello Circo Cambuche”

21 Xullo 2026

O Concello de Boiro vai achegar a nenos e maiores este verán un ciclo de actividades de circo e maxia, principalmente nas escaleiras da Cachada. Este martes 21 de xullo será a quenda de A historia do vello Circo Cambuche, a partir das 21.00 horas en formato aberto para veciños e visitantes. Terá unha hora de duración e virá da man de Henriko, artista autodidacta, malabarista e equilibrista dende 199, fundador xunto ao seu irmán da compañía The Jazzgling Brothers en 2003 e membro da compañía Trapecircus en 2017. Dende 2019 ten o seu propio proxecto artístico en solitario.

O espectáculo narra en clave de traxicomedia a historia dun antigo circo do século pasado, o Circo Cambuche. Kike Castro, o derradeiro supervivente deste vello circo, lembra no presente a historia da súa familia de funambulistas e o seu amargo final. Tódolos domingos pola tarde, o noso protagonista visita a vella carpa da familia e alí, embriagado polas lembranzas do circo, xoga, maquillase e fantasea actuando para un público imaxinario. Un día, entre ese público “imaxinario”, atopa unha muller moi parecida á súa avoa, Flora Castro, equilibrista e matriarca daquela familia circense. Esta lembranza causa no noso protagonista sensacións moi especiais, que levado pola ilusión, atrévese a facer proezas que non daba atrevido dende que era cativo.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.