Xoves 18, xornada con certa inestabilidade e sen cambios significativos no tempo

17 Xuño 2026

A comunidade quedará baixo a influencia das altas presións en Centroeuropa e das borrascas do Atlántico, o que favorecerá bancos de néboa pola mañá e nubes medias e altas ao longo do día.

No litoral, as néboas poderán ser especialmente densas nas primeiras horas. Co avance da xornada, o ceo quedará con máis nubes, e non se descartan chuvascos de carácter tormentoso no leste de Lugo e Ourense.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios relevantes, mentres que as máximas baixarán lixeiramente na metade oeste(25 a 30 graos). O vento soprará frouxo do norte-noroeste e virará a suroeste ao final do día.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá, marusía á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade mala á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.