“Valentía política” – José Manuel Pena

12 Xuño 2026

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas delas, desde varias xeracións.

Estas entidades e organizacións suplen as carencias e a falta de vontade política das diferentes Administracións Públicas. Certo é que para algunhas persoas isto só é simple “caridade”, sen máis, e pouco percorrido ten para certas familias que se afán a malvivir en permanentes situacións de vulnerabilidade e exclusión social.

Todos os responsables, destas entidades sociais, saben que cada vez é máis necesario que os gobernantes articulen políticas sociais activas e integrais con campañas de información e sensibilización así como unha procura real de emprego, acompañadas de cursos de formación e capacitación profesional para que calquera persoa ou os membros da familia poidan vivir dignamente.

A crúa realidade é que a maioría dos nosos políticos e gobernantes só se acordan das familias humildes en épocas electorais con promesas que logo só quedan niso e non chegan a materializar as medidas necesarias por falta de valentía política.

Un país con máis de 30.000 persoas “sen teito”, vivindo na rúa mentres hai máis de tres millóns de vivendas baleiras; con máis dun 30% de paro xuvenil; con preto de dous millóns de parados e cunha importante taxa de risco de pobreza infantil, non pode esperar máis tempo para afrontar esta triste realidade con medidas eficaces inherentes para cambiar estas situacións inxustas, inhumanas e ilegais que atentan contra os Dereitos Fundamentais contemplados na Constitución, Tratados Internacionais e en contra os propios Dereitos Humanos.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.