Turismo de Galicia e o Concello de Rianxo impulsan a posta en valor do Hórreo do Araño

30 Xuño 2026

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo Abuín, asinaron este martes 30 de xuño un convenio de colaboración para acometer a mellora da contorna e dos accesos ao Hórreo do Araño, considerado un recurso turístico de gran valor etnográfico e patrimonial ao tratarse do máis longo e de maior capacidade de Galicia. Segundo indicaron, o proxecto contará cun investimento estimado de 215.985 euros, dos que Turismo de Galicia achegará representa o 67% do orzamento total.

Merelles engadiu que “a actuación ten como obxectivo facilitar o acceso a este elemento patrimonial singular, mellorar a experiencia das persoas visitantes e contribuír á súa posta en valor, ao tempo que se reforza a conservación da contorna e a mobilidade sostíbel”. Ademais de mellorar a accesibilidade a este recurso turístico, tamén contribuirá a distribuír os fluxos turísticos de maneira máis equilibrada ao tempo que fomenta un turismo responsábel e sostíbel, “outro dos obxectivos da Estratexia de Turismo de Galicia 2030”, sinalou Xosé Merelles.

Durante a sinatura, o director de Turismo de Galicia destacou que “o Hórreo do Araño é un dos grandes símbolos do patrimonio etnográfico galego e esta actuación permitirá mellorar a súa accesibilidade, a súa interpretación e a experiencia das persoas que o visitan, sempre desde o respecto á súa contorna e aos seus valores patrimoniais”. Subliñou tamén que “investir no rural é investir nun modelo turístico máis equilibrado e consciente. Queremos que os visitantes descubran novos destinos, contribuíndo a distribuír os fluxos turísticos polo territorio e xerando oportunidades de desenvolvemento económico para os concellos”.

As actuacións previstas permitirán resolver as actuais deficiencias da zona, especialmente os problemas derivados da drenaxe e do estado do firme, que dificultan o acceso e limitan o tránsito de vehículos de maior tamaño. Ademais, repararase e renovarase o firme do aparcamento e da vía pública, e crearase unha área de estacionamento adaptada ao movemento de vehículos, construiranse novos sendeiros e unha pasarela de madeira que funcionará como miradoiro sobre o val que une a parroquia do Araño coa ría de Arousa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.