Todo listo para o comezo das Festas de San Pedro de Bealo

25 Xuño 2026

Este venres 26 de xuño dan comezo as Festas de San Pedro de Bealo, edición 2026, que achegarán actividades culturais, lúdicas, gastronómicas, deportivas e relixiosas durante toda a fin de semana e parte da seguinte semana.

As celebracións arrincarán este venres, Día de San Antón, cunha misa solemne ás 13.00 horas na Igrexa Parroquial, seguida dunha sesión vermú con cantina. Pola noite haberá verbena co Grupo Grease e con Rockolas. Tamén será retransmitido o partido do Mundial de Fútbol entre España e Uruguai.

As actividades do sábado 27 (Día adicado á Virxe do Carme) inclúen unha procesión ás 20.30 horas ata Loimar onde se celebrará unha misa solemne ás 21 horas. A procesión estará acompañada polo grupo Buxaina. Pola noite haberá verbena con DJ Ekix, Eme Music e La Década Prodigiosa.

A axenda do domingo, Día do Santísimo, comezará ás 13.00 horas cunha misa solemne na Igrexa Parroquial amenizada por unha banda de música. Logo haberá sesión vermú e cantina. Pola noite verbena con Tania Veiras e Los Cumbia Pop.

As festas rematarán o luns 29 de xuño, Día de San Pedro, cunha misa solemne (ás 13.00 horas) na Igrexa Parroquial seguida dunha sesión vermú con cantina. Pola noite a traca final virá da man da Orquestra Escaparate.

Haberá polbeira e atraccións de feira todos os días da celebración.

Colaboran a Deputación da Coruña e máis o Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.