Tempo revolto e descenso acusado das temperaturas este xoves 25 nas Rías Baixas e Santiago

24 Xuño 2026

A presenza de aire frío en altura favorecerá a aparición de chuvascos treboentos ao longo da xornada.

As Rías Baixas e a comarca de Santiago afrontarán este xoves 25 unha xornada marcada pola inestabilidade atmosférica. A entrada de aire frío nas capas altas da atmosfera manterá as condicións favorables para a formación de nubes de evolución e a aparición de precipitacións de carácter tormentoso.

Os ceos presentarán intervalos nubrados durante boa parte do día, con posibilidade de chuvascos treboentos que poderán afectar de maneira irregular a diferentes puntos do territorio. As precipitacións poderán ir acompañadas de aparello eléctrico de forma puntual.

No apartado térmico, as temperaturas experimentarán un descenso xeneralizado. As mínimas baixarán de forma moderada, mentres que as máximas sufrirán unha caída máis notable, deixando atrás o ambiente moi caloroso rexistrado nos últimos días.(máximas de 23 a 24 graos).

Os ventos soprarán de compoñente sur, con intensidade moderada na maior parte da xornada, contribuíndo a manter a sensación de tempo variable e inestable.

A previsión apunta, polo tanto, a un día de carácter máis fresco e revolto, no que será recomendable levar paraugas e estar atentos á evolución das tormentas, especialmente durante as horas centrais e da tarde.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sur, forza 3 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.