Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

09 Xuño 2026

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño xunto a dúas agrupacións de renome no panorama musical tradicional: Unto Vello, de Galicia, creado por Bieito Pereira e Xabi Gómez, os cales fan son tradicional, percusión e voces; así como Delameseta, de Valladolid, que é un dúo que fusiona folclore tradicional de Castela e León con música electrónica contemporánea a través da mestura de instrumentos de percusión con voces con sintetizadores base.

“Continuamos bailando ao son da música tradicional con esta terceira Noite Tradi que contará coa participación de catro grupos; dous deles son locais e outros dous, un galego e outro de Castela e León, están revolucionando o panorama da música a nivel estatal. De feito, adoitan formar parte do cartel de grandes festivais folk. Este é un evento para desfrutar do folclore das nosas terras que organizamos dende o Concello de Ribeira xunto a Bailadela e que se enmarca dentro da axenda da Fiestra da Cultura da que daremos conta en vindeiras datas”, explicou a concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

Pola súa banda, o presidente da A.C. Bailadela, Óscar Romero, puxo en valor este tipo de eventos ao contar coa música “como encontro social, baile e creación de comunidade”. Tamén destacou a presenza de Unto Vello, que aproveitarán para presentar ao público ribeirense o seu novo e primeiro disco Inmaterial, así como de Delameseta que acaban de sacar disco e EP recentemente.

Este evento que vai pola súa terceira edición nace da sinerxía entre organismos como indicou Alicia González, directiva de Bailadela, na que se poderán desfrutar de “tres maneiras diferentes de facer o folclore onde a orixe son as recollidas”, como ben apuntou Manola Valiño, mestre de Bailadela e As Sete Linguas.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.