Ribeira converteuse en porto de saída da cuadraxésima edición da Traslatio

20 Xuño 2026

Ribeira volveu converterse este sábado en porto de saída da Traslatio, acollendo a cuadraxésima edición desta emblemática conmemoración xacobea catorce anos despois da súa última participación como punto de partida.

O evento, promovido pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, recrea a viaxe do corpo do Apóstolo Santiago dende Palestina ata Galicia, considerada a orixe do fenómeno da peregrinación e o primeiro dos Camiños.

O acto institucional desenvolveuse na lonxa de Ribeira, onde a concelleira de Turismo e Cultura, Ana Barreiro, destacou a “honra” de que o municipio fose elixido como porto anfitrión. A edil puxo en valor a estreita vinculación da localidade co mar, subliñando que “a nosa terra non se entende sen o mar”, tanto polo seu peso económico como polo seu significado cultural, tradicional e identitario.

Barreiro tamén incidiu na relevancia da Traslatio desde múltiples perspectivas, salientando o seu valor cultural, paisaxístico, turístico e ambiental, ao tempo que permite aos participantes coñecer a riqueza natural da ría de Arousa e do río Ulla. Neste sentido, lembrou que esta ruta constitúe unha das variantes do Camiño Portugués escollida por numerosos peregrinos.

Tras o acto, un catamarán partiu do porto de Ribeira para sumarse ao resto de embarcacións procedentes doutros puntos da ría, conformando unha frota duns 500 peregrinos. A travesía discorreu polas augas de Arousa para remontar posteriormente o río Ulla ata Padrón-Pontecesures, onde tivo lugar a tradicional bendición das embarcacións.

O Concello de Ribeira forma parte da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla dende 1999 e conta en Bandourrío cun dos 17 cruceiros que integran este singular vía crucis marítimo-fluvial.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.