Remata en Ribeira a formación sobre como actuar en situacións de violencia contra a nenez

05 Xuño 2026

Varios centros educativos de Ribeira recibiron nos últimos meses unha serie de charlas da man do Concello e das Unidades de Atención á Familia e Muller da Policía Nacional para informar aos docentes sobre a intervención na desprotección infantil; unha medida que forma parte da Mesa Local da Infancia e Adolescencia. Baixo o título Detección, intervención e notificación en situacións de violencia contra a infancia, a policía da UFAM e a educadora social de Servizos Sociais informaron ao persoal sobre os pasos a dar e as obrigas que recolle a Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de Protección Integral á Infancia e Adolescencia fronte a violencia, coñecida como LOPIVI.

Esta serie de coloquios ofrecéronse dende marzo ata maio nos centros que forman parte da Comisión Educativa asociada á Mesa Local da Infancia e a Adolescencia: Galaxia, Heroínas de Sálvora, Bayón, Sagrado Corazón de Jesús, A Milagrosa, Escola Infantil Municipal, O Grupo, Amicos e o IES No1. Na próxima edición a realizar no curso académico 2026-2027, haberá a posibilidade de solicitar as charlas a tódolos centros educativos do municipio. Aqueles que desexen unirse ou solicitar máis información pode facelo a través do enderezo electrónico educadora@ribeira.gal.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.