Remata en Boiro a primeira rolda de encontros veciñais co alcalde o vindeiro martes 30 na parroquia de Lampón

23 Xuño 2026

O Concello de Boiro finaliza na parroquia de Lampón a primeira volta dos encontros veciñais Un café co alcalde. A xuntanza terá lugar o vindeiro martes 30 de xuño ás 20.00 horas no Centro Social de Escarabote.

Lampón será a ultima das parroquias que se visite no marco desta primeira volta de encontros coa veciñanza que teñen como finalidade que os veciños e as veciñas de cada parroquia poidan poñer de manifesto as necesidades conxuntas de cada núcleo. Con estes encontros búscase ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade á veciñanza de que trasladen as súas peticións de demandas sen necesidade de trasladarse ao Concello.

Estas reunións son un complemento das xuntanzas que o alcalde e demais membros do goberno manteñen semanalmente de xeito individual con veciños e entidades que así o solicitan.

Imaxe da xuntanza celebrada en Cabo de Cruz

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.