Remata a rodaxe de “Un deus que non baila” rodada en Outes, Santiago, Brión e Ames, entre outros concellos

25 Xuño 2026

Este luns 22 de xuño rematou na nosa terra a rodaxe de Un deus que non baila, película galega de Pedro Díaz (Ames) sobre as novas formas de familia, o peso da relixión e a procura da liberdade a través de tres mulleres de diferentes xeracións na Galicia rural de finais dos 90. Unha parte importante das secuencias da película rodáronse en enclaves como Outes, Santiago, Brión, Bastavaliños, A Baña, Coristanco, Ames e Negreira. As gravacións iniciáronse o pasado 4 de maio. Agora inicia o seu proceso de postprodución e chegará aos cinemas en 2027.

O filme está protagonizado por María Vázquez (Matria, Os pequenos amores), Ana Santos (Rapa) e Bruna Cusí (Verán 1993). Completan a repartición Irea Chouza, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Julia Pazo, Mario Beramendi, Elvira Gestoso e Servia Rodríguez.

En palabras do director Pedro Díaz, Un deus que non baila “é unha mirada ao onte máis próximo para entender verdadeiramente quen somos e por que somos hoxe, unha reconstrución das pezas dun espello que nos revela unha imaxe nítida das razóns das nosas familias e de nós mesmos”.

Trátase dunha co-produción hispano-portuguesa producida por Mandrágora Cinema (Pedro Díaz e Marina García), Salon Indien Films (Pablo de la Chica e David Casas Riesco), Matriuska Producciones (Daniel Froiz), Nu Boyana Portugal e Serenade Cinema AIE, en colaboración coas plataformas RTVE e Movistar+ e conta co financiamento do Instituto de la Cinematografía y las Artes (ICAA), a axencia galega AGADIC e a Comunidade de Madrid.

A distribución nacional e internacional correrá a cargo de Sideral, que estreará a película en salas de cinema en 2027.

Presentación en Outes

Sinopse

Galicia, anos 90. María (María Vázquez) quere cumprir o último desexo da súa nai uns meses antes de morrer: que a súa filla, é dicir, a súa neta, faga a primeira comuñón. Unha nova monxa (Bruna Cusí) crúzase no seu camiño ao chegar temporalmente á parroquia do pobo entre moito rumores sobre os motivos que a levaron ata alí.

En Outes

O concello de Outes, concretamente a contorna da Igrexa de San Xoán de Roo, acolleu o pasado 4 de xuño a presentación do filme Un deus que non baila (anteriormente titulado Serenade). Na presentación o director e guionista Pedro Díaz dixo que “nesta longametraxe abórdanse as novas formas de familia, que xa se estaban xerando naquela época da Galicia rural dos 90, e da tradición relixiosa que nos afecta e nos impregna culturalmente”. Ademais, explicou que “agardamos que o filme se poida estrear en 2027, pero dependerá das estreas a nivel nacional”.

Drama familiar luminoso

Un deus que non baila preséntase polos seus creadores como un “drama familiar luminoso”. O director inspírase en vivencias da súa infancia para dirixir e compoñer unha historia que ten, ademais, nas localizacións do Val da Maía a contorna idónea para a súa rodaxe.

As actrices María Vázquez e Bruna Cusí protagonizan unha trama que ten lugar na Galicia rural dos 90, cando María (atea e nai solteira) quere cumprir o derradeiro desexo da súa nai: ver á súa neta Lola (que non vai á igrexa desde o bautismo) facendo a primeira comuñón.

Rodaxe na Igrexa de Roo, Outes

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.