Pedro Blanco comprométese a traballar co Concello de Ribeira para seguir mellorando a seguridade cidadá

29 Xuño 2026

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mantivo este luns 29 de xuño unha reunión coa alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, para analizar a situación da seguridade no municipio e abordar as principais cuestións relacionadas coa coordinación entre administracións. Durante o encontro celebrado en Santiago, ambos coincidiron en destacar “a importancia da colaboración permanente entre o Goberno de España e a Administración local de Ribeira” para ofrecer unha resposta eficaz ás necesidades do concello e seguir mellorando a protección da veciñanza.

Pedro Blanco trasladou “unha mensaxe de confianza á cidadanía” e asegurou que “Ribeira é unha localidade segura, grazas tamén ao labor diario das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado”. Nese senso, reafirmou o compromiso do Goberno de “continuar traballando da man do Concello para manter os actuais niveis de seguridade e dar resposta aos novos retos que poidan xurdir”.

Ao remate do encontro, Pedro Blanco e María Sampedro quedaron emprazados a manter unha nova xuntanza nas próximas semanas en Ribeira, coincidindo coa visita do delegado ás instalacións da comisaría da Policía Nacional.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.