Outes inaugura unha nova edición dos Obradoiros contra a desinformación do Colexio de Xornalistas de Galicia

18 Xuño 2026
O xornalista Miguel Rodríguez no obradoiro impartido no IES Poeta Añón de Outes

Nesta mañá do xoves, 18 de xuño, daba comezo unha nova edición dos Obradoiros contra a desinformación desenvolvidos en nove localidades da provincia da Coruña polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, coa colaboración da área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña.

Máis polo miúdo, o xornalista Miguel Rodríguez Fernández impartía dous obradoiros (realizados ás 9:15 e ás 10:05 horas) contra a desinformación ao alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Poeta Añón de Outes, cos que se dá por inaugurada unha nova etapa do programa de alfabetización mediática nos centros de ensino medio da provincia da Coruña. A sesión inaugural contou coa presentación de Belén Regueira Leal, decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, e Soledad Agra Tuñas, deputada da Área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña.

Miguel Rodríguez traballou cinco anos en La Opinión A Coruña e foi xornalista de datos na axencia de noticias Press Association no Reino Unido; desde 2019 é editor de Datos en ICIS, ademais de colaborar con medios elDiario.es, La Voz de Galicia, Naiz ou Tempos Novos. Como o resto dos profesionais colexiados e colexiadas que impartirán os obradoiros, recibiu formación específica en alfabetización mediática para trasladar á rapazada coñecementos e ferramentas para loitar contra a desinformación.

Dende o Colexio de Xornalistas queren facer fronte ao aumento da desinformación ou a confusión entre o que é e non é un medio na contorna dixital, feitos que están a danar profundamente o xornalismo, que se enfronta a unha crise e un descrédito sen precedentes. Para combater esta nova corrente de desinformación xorde este programa de formación en alfabetización mediática. O obxectivo é fornecer a toda a sociedade galega de coñecementos contra as mentiras e ferramentas para combatelas. No caso das e dos escolares de secundaria, a través de xogos, historias e exemplos próximos a eles, poden coñecer as diferenzas entre a información errónea e a desinformación, preguntarse quen e por que ten interese en enganarnos, coñecer as estratexias de espallamento das loiadas ou converterse eles mesmos en fact checkers.

Esta nova etapa dos obradoiros na Coruña vén a complementar os realizados no ano 2025, que levaron o programa de alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia ao alumnado de: Arzúa, Brión, Carral, Curtis, Melide, Oroso, Padrón, Santa Comba e Zas. Todos os obradoiros estarán impartido por profesionais colexiados e colexiadas, que recibiron formación específica en alfabetización mediática. En concreto, as e os xornalistas que descubrirán ao alumnado da Coruña as estratexias de quen propaga novas falsas e os recursos para contrastar información serán: María del Carmen Abuín González, Elena Martín Lores, Carmen Quintela Babío, María Selina Otero Verdes, Miguel Rodríguez Fernández, María del Pilar Rodríguez Losada e Marga Tojo González.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.