Os empresarios de Ribeira e ÁGAPE traballarán pola inclusión e a accesibilidade no comercio local

18 Xuño 2026

A Asociación de Empresarios pon en marcha, en colaboración con ÁGAPE (Asociación Galega de Acompañamento Persoal e Educativo), unha iniciativa destinada a fomentar a inclusión e a accesibilidade no comercio local mediante a colocación de pictogramas identificativos nos escaparates dos establecementos asociados.

Esta acción permitirá que persoas con neurodiverxencias, especialmente aquelas dentro do Trastorno do Espectro Autista (TEA), poidan identificar con maior facilidade os distintos negocios, favorecendo a súa orientación, autonomía e participación na vida cotiá.

Con esta campaña, a Asociación de Empresarios reforza o seu compromiso “cun modelo de comercio próximo, sen barreiras e comprometido coas necesidades de toda a cidadanía”.

Pola súa banda, ÁGAPE achega a súa experiencia no ámbito da inclusión social, a atención ás persoas con neurodiverxencias e o acompañamento ás familias.

“Todos os nosos asociados poderán solicitar gratuitamente estes pictogramas a través da Asociación de Empresarios e sumarse así a unha iniciativa que contribúe a construír unha contorna máis amábel, accesible e inclusiva”, sinalou o presidente da AER, Francisco Martínez Gude.

Desde ambas as entidades anímase ao tecido empresarial local a participar neste proxecto, “demostrando que pequenos xestos poden xerar grandes cambios e axudar a construír unha comunidade onde ninguén quede atrás”.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.