Oleiros celebrará as festas da Nosa Señora de Fátima do 12 ao 14 de xuño

04 Xuño 2026

A parroquia ribeirense de Oleiros mergullarase no ambiente festivo do 12 ao 14 de xuño na honra da Nosa Señora de Fátima, coa actividade focalizada na contorna do Centro Social. Trátase dunha axenda lúdica na que imperará a música sen esquecer a compoñente relixiosa segundo deron a coñecer o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes, e a presidenta da comisión de festas, Sandra Cadillo.

Segundo indica o edil, “as nosas parroquias xa comezan coas súas celebracións e, desta vez, toca desfrutar en Oleiros. Quero agradecer á comisión de festas da Nosa Señora de Fátima o seu traballo por sacar adiante esta programación que dinamizará esta parroquia durante tres días. Coma sempre, o Concello de Ribeira está sempre coa man tendida para colaborar con estas entidades no seu afán por encher de actividade lúdica o noso municipio e crear espírito de comunidade”.

O cartel arrancará no venres 12 con verbena, a partir das 23.00 horas, a cargo da Orquesta Alabama e Planet Disco Móvil con DJ Jalaiko e DJ Mateo Abelleira.

Ao día seguinte, sábado 13, a tradición galega escoitarase dende ben cedo, ás 10.00 horas, cunha ruada da man do grupo de gaitas Salgueiriños para, ás 11.00 horas, asistir á misa por San Antón cantada polo coro O Bo Pastor de Castiñeiras. Xa pola noite, das 23.00 horas en diante, o ritmo virá marcado polo Grupo La Fábula e Planet Disco Móvil con DJ Javi Machito e DJ Mateo Abelleira e, ás 01.00 horas, contemplar os fogos de artificio.

As festas despediranse no domingo 14 cun programa que se iniciará ás 10.00 horas coa ruada co grupo de gaitas Canlebó e, deseguido, oficio relixioso por Canucho -un dos principais impulsores desta celebración que faleceu recentemente-, ás 11.00 horas. Unha vez remate, comezará a sesión vermú con DJ Javi Machito e aperitivos entre os asistentes. A tarde estará orientada á rapazada con inchábeis, doces e merenda tradicional amenizada musicalmente, ás 17.00 horas, e desfrutar do gran concerto con Mariachis Galicia es México e, novamente, DJ Javi Machito como colofón, das 20.15 horas, en diante.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.