“Ofrenda” – Xulio Xiz

17 Xuño 2026

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e lembrar o histórico Reino.

Os particulares podemos participar elixindo o aspecto polo que profesemos devoción – polo Santísimo, ou polo Reino -, ou naturalmente polos dous, que as devocións poden ser compartidas. No meu caso, fun o sábado presentar a tradicional Suma Poética, xa que existe unha copiosa produción literaria arredor do Sacramento, mesmo de autores como Valle Inclán, Panero ou Altolaguirre, con sorprendentes resultados. Pero os representantes oficiais quizais non poidan substraerse á participación conxunta, polo que os nacionalistas adoitan non asistir.

Prívanse así de participar na única expresión pública de Galicia como Reino, que se só nos queda a lembranza, non se pode esquecer o vencello da Igrexa e da fe coa historia, e a súa expresión artística na “Marcha solemne do Antigo Reino”, que naceu na Catedral de Lugo para acadar co tempo a condición de himno.

Se eu fose nacionalista convencido, veríame obrigado a aproveitar esta posibilidade histórica e – lembrando que “París ben vale unha misa” – reivindicar o Reino de Galicia na ruta cara unha futura entidade independente, co nivel que os galegos acordásemos e as lexislacións futuras permitisen. O non asistir pode significar querer partir de cero, pero tres séculos e medio de historia son difíciles de borrar de un plumazo, ou cunha ausencia.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.