O XIV Festival Atlántica volverá situar a palabra contada no centro da vida cultural da comarca do Barbanza e da contorna das rías de Muros e Noia

27 Xuño 2026

O XIV Festival Atlántica volverá situar a palabra contada no centro da vida cultural da comarca do Barbanza e da contorna das rías de Muros e Noia cunha programación que une narración oral, patrimonio e paisaxe.

Do 26 de xuño ao 10 de xullo, Outes, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Dodro e Iria converteranse en escenarios para historias que naceron da memoria colectiva, da cultura popular e da relación das comunidades co seu territorio.

Outes será unha das primeiras paradas desta viaxe coa proposta Contar, de Celso Fernández Sanmartín, o día 28 de xuño, na terraza do Náutico do Freixo, un espazo aberto ao encontro entre o mar e a palabra. A localidade acollerá tamén Contos do Norte e do sur  das narradoras vasca Amaia Elizagoien e de Huesca Irene Reina no Espazo Museístico da Carpintaría de Ribeira en Broña. 

O Estaleiro de Broña, en Outes

En Iria, o Museo Camilo José Cela acollerá as actuacións de Vero Rilo e Ángeles Goás, con Contos Colorados; e para os nenos Fran Rei chega con Hamelin, con intérprete en lingua de signos.

En Dodro, Atlántica reforza a súa aposta polos espazos patrimoniais coa narración Donas do lugar, de María da Pontragha, na Eira da Malla de Bexo, e con Historias Raianas, de Irene Reina, no singular entorno do Pozo do Conxeiro ou do Liño, en Eiró.

Ribeira acollerá unha das sesións do Ciclo Novas Voces coa proposta Inequivocamente, do portugués Antonio Fontinha, acompañado por Esmeralda Folgado, nunha combinación de narración e intercambio xeracional. A localidade contará tamén con O que non estaba escrito, de Carmen Conde, no lavadoiro de Penisqueira, en Aguiño.

O Lavadoiro de Penisqueira, en Aguiño

A Pobra do Caramiñal sumará o seu patrimonio histórico á programación cunha noite no convento de Santo Antón coa narradora Marita Martínez e Contadiñas, así como coa presenza de Irene Reina acompañada do músico luso Ricardo Martíns,  nos xardíns do Pazo do Couto coa proposta Raianas. 

Con esta programación, Atlántica reafirma a súa vontade de levar a narración oral máis alá dos escenarios convencionais e crear experiencias únicas nas que o lugar, a memoria e as historias formen parte dun mesmo relato.

Máis datos sobre a información de adultos e infantil na web do Festival.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.