O secretario de Estado de Infancia e Xuventude visitou Rianxo

23 Xuño 2026

O concello de Rianxo recibiu este luns 22 de xuño a visita do secretario de Estado de Infancia e Xuventude, Rubén Pérez Correa, acompañado do subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, que foron recibidos polo alcalde Julián Bustelo e polo concelleiro Julio Alcalde, xunto con outros membros do Goberno local. Xuntos visitaron a Unidade de Atención Temperá do Concello de Rianxo, un servizo que conta con financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e que ten como obxectivo fundamental dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento co obxectivo de facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal.

Os representantes do Concello tamén debateron con secretario de Estado arredor dos prexuízos derivados dun uso abusivo e non supervisado e controlado das pantallas e dos dispositivos electrónicos nos cativos e nas cativas de menor idade. O secretario de Estado lembrou que a Lei para a protección das persoas menores de idade nos entornos dixitais que o Goberno de España pretende aprobar no outono preséntase como “un elemento fundamental para regular os espazos dixitais e garantir que sexan seguros para a infancia”.

A estadía en Rianxo de Rubén Pérez e Julio Abalde tamén incluíu unha visita ao proxecto Máis Ca Leña da CMVMC O Fieitoso de Taragoña e o CEP Brea Segade. Un proxecto educativo e medioambiental que xira arredor da figura do monte veciñal e os seus usos formando aos comuneiros e ás comuneiras de mañá.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.