O PSdeG esixe ao Goberno de Ribeira a reparación do Centro Social de Oleiros

26 Xuño 2026

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará ao pleno da Corporación unha proposición para reclamar ao Goberno local que “acometa os arranxos máis urxentes no Centro Social de Oleiros e reserve os fondos necesarios para a súa reforma integral”. No comunicado os socialistas din que “o edificio público continúa nun evidente estado de deterioración, malia que en setembro de 2025 o propio Partido Popular, daquela na oposición, presentara unha proposta para demandar actuacións neste equipamento”. Neste senso, o portavoz socialista, Francisco Suárez-Puerta, criticou que “o que o PP consideraba urxente cando estaba na oposición converteuse agora nun asunto esquecido. Antes reclamaba respostas, pero desde que chegou á alcaldía non tomou ningunha medida”, sinalou, apuntando que “o Centro Social de Oleiros presenta cristais danados, carpinterías metálicas oxidadas, portas deterioradas, pintadas, humidades, suciedade acumulada, pavimentos raiados e paneis afectados pola humidade; e a contorna exterior tamén conta con maleza e zonas claramente desatendidas”. Para o PSOE, “esta situación ofrece unha imaxe de abandono impropia dun equipamento público ao servizo da veciñanza da parroquia”.

Suárez-Puerta advertiu “que o Orzamento municipal deste ano evidencia que o Goberno non prevé realizar unha intervención integral no edificio” e que “as contas recollen 12.000 euros para equipamento de cultura, 40.000 euros para estudos e traballos técnicos e 30.000 euros para a conservación de edificios culturais”.

“É evidente que destas partidas non pode saír unha reforma integral do Centro Social de Oleiros. O goberno non reservou os recursos necesarios nin definiu unha actuación concreta para solucionar o problema”, afirmou.

O portavoz socialista insistiu en que “a ausencia dunha partida para unha reforma completa non pode empregarse como escusa para manter o edificio nesta situación”. E engadiu: “Aínda que a reparación integral non se poida executar de inmediato, poden acometerse actuacións urxentes, como substituír os cristais, revisar portas e xanelas, solucionar as humidades, limpar o edificio e acondicionar os accesos”.

Por este motivo, o PSOE propón que o Concello inclúa unha partida específica para a reforma do Centro Social de Oleiros no orzamento municipal de 2027 ou que incorpore a actuación ao próximo POS+ da Deputación da Coruña.

Os socialistas propoñen seguir o mesmo criterio aplicado na Casa da Cultura de Carreira, onde esta vía permitiu mobilizar un investimento de 121.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.