O Porto do Son e Ribeira volven fomentar a empregabilidade a través da XI edición do obradoiro de emprego Tahume

01 Xuño 2026

A Casa da Cultura de Xuño acolleu este luns 1 de xuño a presentación da décimo primeira edición do Obradoiro de Emprego Tahume, que comparten e impulsan en colaboración os Concellos de Porto do Son e Ribeira. O acto de inauguración da xornada contou coa participación do Director Territorial de Emprego, Juan José Couce Prego; da tenente alcalde de Porto do Son, María Maroñas; da alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, así como concelleiros dos dous gobernos municipais.

Explicaron que este programa “combina tanto formación teórica como práctica” e ten o obxectivo de “mellorar a empregabilidade das persoas dos dous concellos e onde o alumnado recibirá formación no ámbito profesional de forestal e de produción de carpintería e móbel”.

Dende os dous concellos engadiron que un total de 20 persoas poderán formarse neste obradoiro ao longo de nove meses, a contar dende xuño deste mesmo ano. Neste período asistirán ás especialidades de Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e móbelActividades auxiliares en aproveitamentos forestais; Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes; e Traballos de carpintería e móbel.

Ademais da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibe formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras.

Por outro lado, o alumnado participante que non estea en posesión da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) recibe formación específica para a súa preparación e obtención.

Este programa mixto de formación e emprego, que ten o obxectivo de mellorar a ocupabilidade e empregabilidade das persoas que actualmente están paradas, conta co apoio da Consellería de Emprego Comercio e Emigración, que aporta unha achega de 546.552 euros para esta iniciativa de emprego.

A tenente alcalde sonense, María Maroñas, destacou no acto de presentación, ao que tamén acudiu o concelleiro de Medio Ambiente, Juan José Calo, “a importancia de continuar levando a cabo este tipo de iniciativas que contribúen en gran medida ao desenvolvemento económico e que ofrecen oportunidades de emprego real na nosa contorna”.

“A través destes obradoiros, e coa colaboración do Concello de Ribeira e da Xunta, conseguimos mellorar a inserción laboral da veciñanza e impulsar o emprendemento local”, ademais animou “a todas as persoas participantes a desfrutar e aproveitar ao máximo esta experiencia que seguro que permitirá que poidan optar a máis e mellores postos de traballo nun futuro próximo”, concluíu.

Tamén interveu a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, quen acudiu xunto á concelleira ribeirense de Promoción Económica, Carmen Pérez.

“O Obradoiro Tahume eríxese como unha valiosa ferramenta para mellorar as opcións de inserción no mundo laboral como se constata coa presentación desta décimo primeira edición. Tódalas anteriores foron todo un éxito, polo que ámbolos municipios seguimos sumando esforzos de maneira conxunta para achegar á nosa veciñanza este programa mixto de formación e emprego. Ademais, non só redunda positivamente no alumnado participante, tamén no conxunto da sociedade de Ribeira e O Porto do Son ao desenvolver a parte práctica en mobiliario e espazos públicos”, sinalou a rexedora ribeirá.

As especialidades a impartir este ano serán:

-No ámbito profesional de forestal: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (AGAR0309)e Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais (AGAR0209): 10 alumnos/as traballadores/as.

Na área profesional de produción de carpintería e móbel: Traballos de carpintería e móbel (MAMD0209) e Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble (MAMD0109:) 10 alumnos/as traballadores/as.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...