O Museo Valle-Inclán recibiu este sábado a visita de máis de medio cento de veciños de Teo

20 Xuño 2026

Este sábado, día 20 de xuño de 2026, o Museo Valle-Inclán recibía a visita grupal de 56 persoas procedentes do concello de Teo. Acompañadas pola alcaldesa da localidade, Lucía Calvo de La Uz e polo concelleiro de cultura, Juan Jesús Cerqueiro Pintos, foron recibidos ás 11:00 h, polo alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal Suárez e o do director da institución, Antonio González Millán.

Logo dun breve encontro protocolario entre os mandatarios e da fotografía que testemuña este encontro, a numerosa expedición cidadá participaría dunha visita guiada á Torre de Bermúdez, sede do Museo, e á colección de fondos orixinais que acolle.

En especial, foi unha visita interesada en descubrir os valores arquitectónicos, estéticos e simbólicos que concorren nun edificio tan excepcional como a Torre de Bermúdez no cincuentenario da súa declaración como Monumento Nacional de Carácter Histórico-Artístico, así como a súa estreita relación familiar, humana e literaria coa célebre figura de Ramón del Valle-Inclán.

Entre o público espertou gran expectación poder observar materiais orixinais do seu tempo, os máis deles únicos, como o mobiliario familiar e os obxectos persoais, as cartas manuscritas do seu puño e letra e o fondo de obras impresas e das belas artes. Un ronsel visual das marabillas que director e técnica do museo lles puxeron en relación co xenio e coa presenza na literatura mundial dun autor, galego universal, que non precisa de pseudónimos: Valle-Inclán.

Concluída a súa visita ao Museo Valle-Inclán o grupo realizaría un paseo polo centro vilego da Pobra do Caramiñal e, de seguido, achegaríase aos cumios da serra do Barbanza, miradoiros de Valle-Inclán e da Curotiña, para admirar as vistas panorámicas que ofrecen sobre as rías baixas e, dende un plano privilexiado, a contorna xeografía e as paisaxes arousás de terra e mar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.