O Museo Valle-Inclán da Pobra anuncia o seu horario de verán e amplía as opcións de visita ao público

19 Xuño 2026

Dende o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal veñen de anunciar o comezo do seu horario de verán co propósito de facilitar o acceso á súa colección e aos seus contidos durante os meses de maior afluencia de visitantes.

Ao longo do mes de xuño, o museo poderá visitarse de mércores a sábado en horario de mañá e tarde. Os luns e martes as instalacións permanecerán abertas unicamente para tarefas internas e atención a persoas investigadoras.

Localizado na histórica Torre de Bermúdez, o museo constitúe un dos principais referentes culturais da Pobra do Caramiñal e ofrece un achegamento á traxectoria vital, literaria e artística de Ramón María del Valle-Inclán a través dos seus fondos e espazos expositivos.

Xunto á visita libre, o centro dispón de diferentes modalidades orientadas a públicos diversos, entre elas percorridos guiados, propostas temáticas e actividades dirixidas a grupos e centros educativos, co obxectivo de favorecer unha experiencia máis completa e participativa.

As persoas interesadas en organizar unha visita ou recibir información sobre os servizos dispoñibles poden contactar directamente co museo a través do teléfono 981 831 545, do WhatsApp 681 684 164 ou do correo electrónico museovalleinclan@apobra.gal.

O Concello da Pobra do Caramiñal continúa así impulsando a divulgación do seu patrimonio histórico e cultural, promovendo iniciativas que contribúan a achegar a figura de Valle-Inclán á cidadanía e ás persoas que visitan o municipio ao longo do ano.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.