O Local Social de Surribos (Muros) acolle este mércores un encontro para achegarnos á realidade do pobo saharauí

16 Xuño 2026

Muros (Local Social de Surribos a partir das 17.30 horas) acolle este mércores 17 de xuño un encontro para achegarnos á realidade do pobo saharauí. O Concello de Muros súmase ao ciclo de conversas Arredor do té, unha iniciativa que nos convida a escoitar, compartir e comprender a realidade que vive o pobo saharauí desde hai décadas.

A través dun testemuño directo, as persoas asistentes poderán coñecer situación das persoas refuxiadas nos campamentos de Tinduf, a loita pola dignidade e os dereitos humanos, e o papel fundamental das mulleres na resistencia dun pobo que non renuncia á súa identidade nin á esperanza.

“Nun tempo no que a información viaxa rápido pero non sempre chega completa, queremos abrir un espazo para o diálogo, a empatía e a solidariedade”, sinalan os organizadores do acto, engadindo que “detrás das cifras hai vidas, historias e soños que merecen ser escoitados”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.