O encontro veciñal “Un café co alcalde” celebrarase no Castro con sesións en Cabo de Cruz e no Esteiro

05 Xuño 2026

O Concello de Boiro continúa na parroquia do Castro cos encontros veciñais “Un café co alcalde” que se fará en dúas sesións. Unha o martes 9 de xuño ás 20.00 horas na unitaria do Esteiro, e a outra o mércores día 10 ás 20.00 horas no Centro Social de Cabo de Cruz.

O Castro será a penúltima parroquia que se visite no marco desta primeira volta de encontros coa veciñanza que teñen como finalidade que os veciños e veciñas de cada parroquia poidan poñer de manifesto as necesidades conxuntas de cada núcleo. Con estes encontros búscase ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade á veciñanza de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de desprazarse ao Concello.

Estas reunións son un complemento das xuntanzas que o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e demais membros do goberno manteñen semanalmente de xeito individual con veciños e entidades que así o solicitan.

Xuntanza veciñal celebrada os días pasados en Cures

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.