O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

18 Xuño 2026

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a directora do Centro de Información á Muller (CIM), Loli Crujeiras, manifestou que “a Administración local ribeirense lanza unha programación para reivindicar e celebrar o Orgullo, ademais de seguir na senda de visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ e defender os dereitos. Isto tamén é avogar por unha sociedade máis igualitaria”.

As actividades comezarán no venres, 26 de xuño, cun acto institucional, ás 12.00 horas, na sala polivalente do Auditorio Municipal cunha homenaxe a Ana Lampón Gude e Elena Rego Fernández. Paralelamente, na praza do Concello, haberá o Festi Pops, que terá continuidade ás 20.00 horas.

O programa proseguirá no sábado, 27 de xuño, cun dúas actuacións musicais na praza de Porta do Sol: Silvia Superstar, ás 20.00 horas, e Broken Peach, ás 22.30 horas.

Para o domingo, 28 de xuño, proxéctase unha sesión vermú con Dani DJ na contorna do parque de García Bayón, ás 13.00 horas, mentres que, ás 21.00 horas, haberá cine na rúa co filme Elisa e Marcela, na praza do Concello.

Finalmente, no 5 de xullo, ás 20.00 horas, no Auditorio Municipal soará unha reedición do concerto Grandes Iconas, da orquestra Sons. Un cento de artistas cantarán temas de Alaska, Rocío Jurado, Queen, Tino Casal ou Raffaella Carrà. As entradas seguen á venda na páxina web www.ataquilla.com e na Oficina de Atención Cidadá da casa consistorial. O prezo sitúase nos 30 euros, máis gastos de xestión.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.