O Concello de Ribeira procede co pintado do carril bici do paseo do Touro

11 Xuño 2026

O Concello de Ribeira acomete o pintado do carril bici do paseo do Touro que actualmente presenta un pavimento de formigón e de cor gris; unha obra enmarcada no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD).

A intervención busca mellorar a mobilidade e seguridade do corredor ciclista do borde litoral, así como as condicións de accesibilidade.

Deste xeito, o espazo reservado ao tránsito de bicicletas estará diferenciado das zonas de uso peonil ao contar cun pavimento diferente tanto na cor como na textura superficial. Ademais, este firme será antiesvaradío e facilmente identificábel.

En consecuencia, os traballos consisten na limpeza e saneado da superficie, aplicación de imprimación, o subministro de dobre capa de morteiro asfáltico en cor verde e pintado e o pintado de sinalización horizontal.

Dita actuación é executada pola empresa Rinol Rocland Sueco, S.L. por un importe de 29.408,34 euros, IVE incluído, financiados a través dun convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribeira para a execución do PSTD no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) con fondos Next Generation.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.