O Concello de Ribeira adxudica a climatización do Mercado Municipal

22 Xuño 2026

O Mercado Municipal de Ribeira continúa sendo obxecto de melloras: unha praza de abastos que recentemente obtivo o selo de Mercado Excelente por parte da Xunta. Agora o Concello adxudicou a climatización desta instalación municipal que redundará nos traballos de instalación de calefacción, ventilación e aire acondicionado para a mellora das prestacións a praceiros e clientes. O orzamento de licitación situouse nos 120.956’40 euros, IVE incluído.

A empresa Montaxes Eléctricas Noroeste S.L. resultou a adxudicataria das nove que concorreron ao proceso por contar coa mellor oferta por un importe de 106.469’11 euros, con impostos, financiado en parte coa subvención da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da cal resultou beneficiaria a Administración local por importe total de 137.415,38 euros para a mellora do conxunto do Mercado Municipal.

O prazo de execución das obras será de catro meses unha vez formalizado o contrato.

Mellora da iluminación perimetral
A maiores, a Concellería de Mercados acometeu recentemente a reposición da iluminación perimetral do edificio, actuando nun total de 21 puntos de luz e cambiando a LED. As tarefas foron executadas pola empresa Ferrovial por 2.301’78 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.