O Concello de Rianxo informou que nos vindeiros meses vai executar o proxecto que permitirá renovar por completo a rede viaria do núcleo do Regueiro, na parroquia de Isorna. Para levar a cabo esta importante iniciativa que mellorará a mobilidade e a seguridade da contorna contarase cunha subvención da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia por importe de 52.457 euros. A actuación consistirá fundamentalmente na limpeza previa das pistas e o seu posterior asfaltado con mestura bituminosa en quente, segundo confirmou o Concello de Rianxo.




