O Concello de Rianxo comparte as normas de seguridade relativas ás cacharelas de San Xoán

11 Xuño 2026

O Concello de Rianxo, a través do seu alcalde Julián Bustelo, emitiu un bando informativo sobre as fogueiras de San Xoán cunha serie de normas e recomendacións de seguridade a ter en conta pola cidadanía. Entre outras cuestións, faise saber que ata o 19 de xuño pódese tramitar a solicitude por declaracións responsábel para realizar unha cacharela na noite de San Xoán (pódense recoller e presentar as declaracións no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo).

As normas para a elaboración das fogueiras son as seguintes:

-Só se poderán acender entre as 20:00 horas do día 23 de xuño e a 1:00 horas do día 24 de xuño.

-As fogueiras estarán a unha distancia mínima de 20 metros de vivendas e zonas arboradas. Terán unha altura máxima de 2 metros e un diámetro non superior aos 4 metros.

-Prohíbese empregar pneumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con PVC en xeral e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustíbeis e/ou calquera substancia explosiva.

-As persoas responsábeis deberán contar cuns medios mínimos pero suficientes de extinción para o seu uso inmediato en caso de necesidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.