O Concello de Rianxo pon ao dispor de Cazapitas unha parcela de 80.000 m2 para reivindicar e recuperar a tradición vitivinícola local

14 Xuño 2026

A semana pasada o Concello de Rianxo asinou con Cazapitas S.L. o contrato de arrendamento dunha parcela municipal de aproximadamente 80.000 metros cadrados. A parcela acollerá un novo proxecto vitivinícola e de recuperación de terras abandonadas no termo territorial.

O acordo foi formalizado entre Julián Bustelo, alcalde de Rianxo, e David Rial, responsábel da empresa.

Centrarase nunha viticultura sostíbel, respectuosa coa tradición local e centrada nas variedades da zona (como as amparadas baixo a I.X.P. Barbanza e Iria).

Cazapitas S.L. é unha empresa de raíz rianxeira que aposta por unha viticultura sostíbel e respectuosa coa tradición galega, recuperando variedades propias como o ratiño ou o raposo (uva branca do Alvariño). A Bodega Cazapitas elabora viños auténticos e de produción moi limitada na zona do Barbanza e Rianxo.

“Con este arrendamento, non só conseguimos iso senón que tamén seremos testemuñas privilexiadas do desenvolvemento dun fermoso proxecto impulsado polo rianxeiro David Rial e os seus socios”, informou o alcalde Julián Bustelo.

O proxecto está ligado a plans de desenvolvemento e dinamización económica e agraria da comarca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.