O Concello de Noia felicita á Taberna O Lelé polos seus 101 anos de historia

03 Xuño 2026

O Concello de Noia quixo render “unha homenaxe especial” á Taberna O Lelé, que celebrou estes días os seus 101 anos de historia e, en palabras das concelleiras Sandra González e Chelo Martínez, “sendo moito máis ca unha taberna: constituíndose como auténtico símbolo da nosa vila”.

As edís, que felicitaron persoalmente á propietaria da histórica taberna (Fernanda Mantilla), situada no centro histórico da localidade, salientaron que “o Lelé foi punto de encontro de varias xeracións, contribuíndo a dinamizar o casco histórico e formando parte da memoria colectiva de Noia”,

As concelleiras Sandra González Castro e Chelo Martínez fixeron entrega dun ramo de flores como mostra do agradecemento do Concello a unha casa que leva 100 anos abrindo as súas portas e creando comunidade.

A Taberna O Lelé, situada no 5 da praza da Constitución, é a día de hoxe o local hostaleiro máis antigo de Noia. Foi fundada en 1925 por Ángel Matilla. Na actualidade a responsábel do negocio é como dixemos Fernanda Matilla, representante da terceira xeración da saga familiar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.