O Concello de Boiro recibe unha subvención para a mellora da infraestrutura viaria no Parque Empresarial de Espiñeira

02 Xuño 2026
Obras recentes na contorna de Espiñeira

O Concello de Boiro recibiu da Consellería de Economía e Industria unha subvención por importe de 112.503,23 euros para a mellora de infraestruturas no Parque Empresarial de Espiñeira. En concreto vaise acometer unha actuación de 140.629,04 euros para a mellora da infraestrutura viaria.

As actuacións que se pretenden levar a cabo son para dar continuidade coa mellora das infraestruturas viarias que se veñen levando a cabo cada ano en varios tramos. En particular vaise realizar o asfaltado da estrada da fase I do polígono, así como o pintado do firme.

A vía obxecto deste proxecto constitúe o eixo principal de circulación e acceso ás naves e parcelas do polígono, soportando tráfico frecuente e vehículos pesados que, na actualidade, presenta unha degradación significativa tanto do firme coo da sinalización.

O Parque Empresarial de Espiñeira conta cunha superficie de 324.500 metros cadrados que iniciou o seu funcionamento en 1998 coa primeira fase e en 2009 a segunda. Na actualidade o 90% das súas parcelas están ocupadas cunhas cincuenta empresas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...