O Concello de Boiro leva a cabo obras de pavimentado e instalación de pluviais no Saltiño

17 Xuño 2026

O Concello de Boiro leva a cabo obras de renovación pluviais e pavimentado no lugar do Saltiño. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para coñecer o estado de execución das actuacións.

Trátase dun camiño público municipal que presenta un avanzado estado de deterioro agravado polas choivas do inverno, unha actuación que se vai completar coa instalación de rede de pluviais para canalizar a auga doas vivendas na zona que, na actualidade, causan pequenas inundacións na zona da DP-1107 próxima ao centro de saúde.

Esta actuación está incluída no proxecto de renovación de pavimentos en núcleos rurais entre os que tamén se atopan actuacións de pavimentado no Boiro de Arriba, na Armada e a Aspra, en Cubeliños e en Pazos de Coroño.

A totalidade das actuacións ascende aos 153.206 euros, financiados mediante o Plan Único Concellos (POS+) da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.