O Concello de Boiro abre o prazo para a solicitude de cacharelas de San Xoán en terreos públicos e privados

02 Xuño 2026

O Concello de Boiro abre o prazo de presentación de solicitude e comunicación das cacharelas en terreos públicos e privados que se realicen na noite de San Xoán 2026. As solicitudes deberanse realizar mediante o rexistro xeral ou sede electrónica ata o venres 19 de xuño.

Os espazos para realizar as cacharelas en espazos públicos están delimitadas e, para solicitalas, deberase confirmar previamente co departamento municipal de Medio Ambiente para poder tramitar a correspondente solicitude. Nos supostos de cacharelas particulares, as persoas interesadas deberán facer a correspondente comunicación previa e cumprir coas medidas de seguridade e preventivas esixidas.

As autorizacións unicamente permitirán as cacharelas a partir as 18.00 horas do día 23 de xuño, debendo quedar perfectamente apagadas antes das 6.00 horas do 24 de xuño. Como norma xeral deberase facer unha devasa para o perímetro que se vai queimar; non se poderá prender lume a menos de 15 metros de edificacións, instalacións ou árbores; non está permitida a queima de certo tipo de residuos; deberase contar coas medidas de prevención do lume; e o volume das cacharelas non poderá exceder os 2 metros de altura e 3 de diámetro.

Toda a información e modelos de solicitude están dispoñíbeis na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...